martes, 6 de septiembre de 2011

A XUNTA EXPORÁ PROXECTOS DE BOAS PRÁCTICAS EN MATERIA DE VOLUNTARIADO NO CONGRESO ESTATAL QUE TERÁ LUGAR NA CORUÑA

Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, abriu o prazo de presentación de proxectos de boas prácticas en materia de voluntariado, entre os que fará una selección para a súa exposición pública no marco do XIV Congreso Estatal de Voluntariado, que se celebrará na Coruña os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro baixo o lema “Camiños de Solidariedade”.
VOLUNTARIADO_BOAS_PRACTICASDentro do Congreso preténdese ofrecer un espazo participativo no que os congresistas ostenten o protagonismo e poidan presentar iniciativas, proxectos ou accións no ámbito dos servizos sociais e no sociosanitario que sirvan como modelo de actuación e boas prácticas.
As comunicacións e boas prácticas deberán estar relacionadas coas ideas ou temas clave do congreso, tales como o voluntariado, a cidadanía activa e valores de solidariedade e cohesión social, novas modalidades de voluntariado e retos de futuro ou accións desenvolvidas no Ano Europeo e o seu impacto.
Ademais estimaranse como valor engadido aquelas exposicións que introduzan a transversalidade nas súas accións voluntarias, promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, desenvolvan a súa intervención descentralizada e con grao de inclusión no territorio, consideren o impacto de xénero na acción voluntaria, aposten pola I+D+I e traballen desde a calidade.
Poden presentar iniciativas as comunidades autónomas, corporacións locais, as ONG, a iniciativa privada, o ámbito universitario e persoas individuais ata o próximo 30 de setembro.
O Comité científico -que estará formado por representantes expertos do mundo universitario que poidan achegar a súa visión científica, representantes de entidades relacionadas co ámbito do voluntariado, así como representantes das Administracións Autonómicas e do Estado en materia de política social-- encargarase da selección de comunicacións de acordo con criterios de calidade e coherencia, adecuación á temática, achega innovadora e cumprimento dos requisitos de presentación e formato, si ben será un subcomité científico o que decidirá se a comunicación é seleccionada ou descartada.
Posteriormente, tras a análise e deliberacións correspondentes, notificarase por correo electrónico aos autores a decisión do Comité antes do 1 de novembro. Na páxina web do Congreso ‘www.caminosdasolidariedade.com’ publicarase 15 días antes ao inicio deste o calendario e horario de exposición dos traballos aceptados, podendo sufrir modificacións por causas de organización.
 

lunes, 5 de septiembre de 2011

XXIX PREMIO DE NOVELA LONGA BLANCO AMOR

O Concello de Santiago convoca o XXIX premio de novela longa Blanco Amor.www.santiagodecompostela.org

O premio estará dotado con 12.020 euros.
Poderán participar nel todos os autores e autoras, de calquera nacionalidade, que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial.
As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador (tamaño de fonte 12), por unha soa cara e a dous espazos.
As obras presentadas terán que ser inéditas.
De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite dirixido á Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela, praza do Obradoiro s/n, 15705 Santiago de Compostela, facendo constar no exterior «Para o XXIX Premio Blanco Amor». Nun sobre anexo, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse o nome e enderezo do autor ou autora e, de ser posible, o seu teléfono e enderezo electrónico.
O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 30 de setembro de 2011.
O ditame do xurado darase a coñecer no mes de novembro de 2011.
Máis información no DOG do 5 de setembro de 2011  e en

jueves, 1 de septiembre de 2011

BOLSA DE VIVENDA XOVE EN ALUGUER


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración co INJUVE poñen en marcha a Bolsa de Vivenda Xove en Aluguer. Este programa ten como finalidade facilitar o acceso á vivenda, mediante á xestión gratuíta do aluguer de vivendas en condicións económicas maís favorables ás do mercado, ofrencendo ademáis  aos propietarios garantías adicionais, a través dun segundo multirriscoe un seguro de caución que lles aseguran cobrar as rendas dun ano.

lunes, 8 de agosto de 2011

A Xunta realiza un estudo sobre a situación da mocidade galega

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe este traballo en rolda de prensa
  • O estudo, realizado pola Universidade de Santiago de Compostela, baseouse en 1.200 enquisas presenciais a mozos e mozas de entre 15 e 29 anos
  • Os datos abranguen diversas temáticas: emancipación, independencia económica, uso do tempo libre e do lecer, condutas de risco, valores, participación política ou estudos
  • Entre as principais conclusión do traballo, cabe destacar que a mocidade galega é sociable e non rexistra grandes problemas de convivencia
  • O ocio nocturno tende á baixa, sobre todo no botellón, ao tempo que descende tamén o número de fumadores
A Consellería de Traballo e Benestar ten realizado un estudo sobre a situación da mocidade galega, que servirá a modo de ferramenta á hora de orientar, deseñar e planificar as políticas do Goberno galego dirixidas a este colectivo. Ademais, este traballo sociolóxico está enmarcado no plan “Xuventude 2013, unha estratexia para a mocidade galega”, que recolle todas as actuacións que desenvolven os distintos departamentos da Xunta nesta materia.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe en rolda de prensa os datos concretos deste estudo, que foi realizado pola Universidade de Santiago de Compostela en base a 1.200 enquisas presenciais a mozos e mozas de entre 15 e 29 anos.
Durante a súa intervención, o responsable desta área autonómica destacou que este estudo é continuación do xa realizado en 2007, e que, de feito, foi levado a cabo polo mesmo equipo que tiña realizado a anterior mostra.
Os datos abranguen diversas temáticas. En concreto, o estudo articúlase ao redor de sete grandes apartados: emancipación e inserción laboral; tempo libre e de lecer; condutas de risco; cultura e participación política; políticas institucionais; identidade e valores.
Rodeiro destacou as principias conclusións deste traballo. Así, referiuse, por exemplo, a que os datos amosan unha mocidade galega “sociable, que non rexistra serios problemas de convivencia e onde a vivenda familiar segue sendo un lugar accesible e cómodo para a gran maioría”.
Ao tempo, a xuventude galega está formada academicamente, xa que máis da metade dos mozos e mozas de entre 15 e 29 anos continúan estudando, cun “meritorio” 13,4 por cento que combina os estudos co traballo. Ademais, á tendencia cultura está a alza, xa que aumenta a porcentaxe de persoas que miran o xornal, ao igual que medra a media do número de libros que se len o ano.
Pola súa banda, o ocio nocturno tende á baixa, especialmente no que se refire á asistencia ao botellón, que é 10 puntos menor da rexistrada en 2007. Descende tamén o número de fumadores entre os mozos e mozas.
Emancipación
O director xeral de Xuventude e Voluntariado realizou un percorrido polos principais datos deste estudo. Como base de partida, lembrou que segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística de 2010, as persoas entre os 15 e os 29 anos constitúen o 16,12 por cento do total da poboación actual de Galicia, e suman un total de 450.291 mozos e mozas.
Con respecto á emancipación, salientou que só a quinta parte da mocidade galega vive exclusivamente dos seus ingresos. Hai que ter en conta que este estudo parte dos rapaces e rapazas de 15 anos (menores de idade) polo que este dato está en parámetros normais. Neste sentido, tamén cabe destacar dous puntos fundamentais: o grao de independencia económica dos mozos e mozas do rural é tres puntos porcentuais maior que a xuventude urbana; e que as mozas teñen unha autonomía económica un 8,26 por cento menor que os varóns.
Ademais, o 65,6 por cento dos mozos analizados viven na casa dos seus pais. O factor principal para que a xuventude abandone a vivenda familiar é a independencia económica (45,8 por cento dos enquisados), seguido polo desexo de vivir coa parella (22,5 por cento).
No que se refire á temas de convivencia –no caso nos que viven na casa dos pais-, o motivo máis frecuente de conflito familiar é a colaboración no traballo doméstico (60,6 por cento). Rodeiro destacou que “chama a atención que se producen máis discusións pola hora de erguerse da cama (38,3 por cento) que por chegar á casa pola noite (26,4 por cento)”.
Logo destes datos, os sociólogos que elaboraron o estudo conclúen que “os mozos e mozas galegos consideran ao núcleo familiar como un espazo amable onde se senten cómodos”.
Máis da metade dos mozos e mozas enquisados declaran estar estudando. Deles, un 42,9 por cento só estudan e un 13,4 alternan estudos e traballo. A idade media de remate dos estudos son os 19 anos, mentres que a incorporación ao traballo prodúcese de media aos 20 anos no caso das mozas, e aos 19 nos varóns.
Tempo libre
Xa no ámbito do tempo libre, o 95 por cento dos mozos e mozas consideran o máis importante saír ou reunirse cos amigos. Ademais, se se compara cos datos de 2007, vese que a media do tempo dedicado o lecer baixa en catro horas semanais, ao pasar de 26 horas en 2007 a 22 en 2010.
A media de horas empregadas fronte á televisión é de 11,8, e no caso da radio, son 8,87 horas. O 41,5 por cento dos enquisados manifestou ler diariamente os xornais, e unha media de 4,65 libros ao ano –o que supón aumentar este dato con respecto ao 2007.
No ocio nocturno, destacar que os mozos e mozas que saen todas ou case todas as fin de semana son un 35 por cento, o que supón un descenso salientable –de 20 puntos- con respecto aos datos de 2007 (nese ano, era o 54 por cento). Pola súa banda, un 8 por cento declara non saír nunca pola noite. Tamén baixa a porcentaxe de mozos e mozas que participan con frecuencia no “botellón”, e situase nun 17,58 por cento (dez puntos por debaixo do dato do anterior estudo).
No estudo demóstrase tamén que descende o uso do coche propio para saír de noite, que os mozos e mozas utilizan un 37 por cento, fronte ao 47 por cento de 2007.
No que se refire ao eido da sexualidade, case que 9 de cada 10 mozos e mozas entrevistas mantiveron relacións sexuais completos, e practicamente a mesma porcentaxe considérase ben informada. Cabe destacar, segundo resaltou Rodeiro, que a porcentaxe de coñecementos dos centros Quérote medrou desde o estudo anterior, ao pasar do 13 ao 30 por cento.
Con respecto ás condutas sexuais de risco, compróbase nos datos que o temor ao VIH descendeu sensiblemente desde o ano 2007 (do 31 ao 13 por cento), mentres que medrou o temor a un embarazo non desexado, do 6 ao 26 por cento. A idade de iniciación sexual mantense nos 17 e 18 anos.
Tamén se mantén nos mesmos parámetros a idade de iniciación no consumo de alcohol, entre os 15 e os 16 anos. Un 21 por cento dos mozos recoñece que probou o cannabis, fronte a un 7,9 por cento que di ter consumido algunha vez outros tipos de drogas.
Valores
No eido da violencia, mantense a tónica do ano 2007, xa que a xuventude galega apenas é vítima de agresións. As pelexas entre as compañeiros segue sendo a conduta que presenta unha maior incidencia (17,3 por cento).
Por outra parte, a política e o asociacionismo seguen a espertar “pouco interese” entre a mocidade, sinalou Rodeiro. De feito, 4 de cada 10 entrevistados manifestaron que lles interesa “pouco” e 3 de cada 10 que “non lles interesa nada”. Ademais, só un 4,5 por cento dos enquisados colaboran con entidades de manira activa, de aí –explicou o director xeral- a especial aposta que está a facer a Xunta por apostar o asociacionismo entre a mocidade.
Entre a mocidade galega, medra tamén a identificación coa Unión Europea e a súa valoración positiva, e crece tamén o uso do galego, mentres que o sentimento relixioso descende.
Por último, as campañas máis coñecidas pola mocidade da propia Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado son o carné xove (79 por cento) e os campamentos de verán (72 por cento).
O informe está dispoñible na web http://xuventude.xunta.es , baixo o nome “Informe sobre a xuventude galega 2010”.

miércoles, 3 de agosto de 2011

Un total de 240 mozos e mozas participarán no campamento xuvenil de “Furelos”, en Melide, ao longo de todo o verán.

Un total de 240 mozos e mozas participarán durante o verán no campamento xuvenil de “Furelos”, situado en Melide, ao carón do Camiño Francés. Actualmente, están participando nesta quenda 60 rapaces e rapazas de entre 15 e 17 anos.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, achegouse onte ata esta instalación, dependente da Consellería de Traballo e Benestar.
Durante a súa estadía neste centro, os participantes poden realizar distintas actividades. En concreto, realizan percorridos en bicicleta e cabalo pola natureza, nos que se inclúen percorridos cicloturísticos e de educación viaria baixo o principio do respecto á natureza.
Este campamento forma parte da campaña “Acción de Verán 2011”, unha iniciativa na que participarán en Galicia un total de 9.300 mozos e mozas durante os meses de verán.O principal obxectivo da campaña é favorecer a participación da mocidade en múltiples actividades que teñen un compoñente de educación non formal no ámbito do ocio e o tempo libre.
Con esta oferta total, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado incrementa nesta edición as prazas da Campaña de verán nun 4,5 por cento máis que en 2010. Para poñer en marcha esta iniciativa, a Xunta destina a estas actividades un orzamento de máis de 3,2 millóns de euros, o que tamén permitirá a contratación de máis dun millar de mozos e mozas como monitores de tempo libre.

lunes, 11 de julio de 2011

PRESENTACIÓN-DEBATE DO ANTEPROXECTO DA LEI DE XUVENTUDE

Hoxe Luns, 11 de xullo terá lugar a Presentación-Debate do Anteproxecto da "Lei de Xuventude" no Multiusos, as 20.00 h. Contaremos coa presenza de Ovidio Rodeiro, director xeral de Xuventude que escoitará as propostas para a elaboración desta lei.

Dende a Concellería de Xuventude do Concello de Melide e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, queremos profundar nesta labor de difusión e apertura do debate a toda a mocidade, por iso faise esta rolda de encontros nos que coñecer, opinar, reflectir e debater sobre o Anteproxecto da lei de xuventude.

Unha consulta aberta a todos sen exclusions.

martes, 5 de julio de 2011

OFERTAS DE EMPREGO

Persoal para óptica
Óptica en Vigo
Enviar o C.V ao apdo. de correos 9029 de Vigo

Encargado/a para obradoiro
Empresa de alimentación galega precisa encargado/a de obradoiro pequeno en Vigo.
Enviar o C.V ao fax: 986 840 858

Tubeiros - Soldadores
Dispoñibilidade para viaxar
Enviar o C.V a isener@yahoo.es

Peóns para mantenementos
Entrevistas de luns a venres de 9.00 a 9.30 en C/Martin Echegaray, 7 baixo.
Teléfono: 647586694

Perruqueira con experiencia
Bo soldo. Pechado sábado a tarde. Grato ambiente de traballo.
Teléfono: 986272720

Señora para arranxos de costura
Con experiencia.
Posibilidade de bo soldo.
Zona de Vigo.
Teléfono: 674794294 chamar de 8.00 a 9.00

lunes, 4 de julio de 2011

CONVOCATORIA BOLSAS LEONARDO DA VINCI PROXECTO MOGAL

TERCEIRA CONVOCATORIA BOLSAS LEONARDO LEONARDO DA VINCI PROXECTO MOGAL.


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado abre prazo de envío de solicitudes para participar no 3º proceso de selección de bolseiros Leonardo da Vinci dentro do proxecto Mogal promovido ao abeiro do "Programa Europeo de Aprendizaje Permanente".

As bolsas cobren estancias de 12 semanas de duración a partir de setembro que incluen formación cultural e lingüística, período de formación en prácticas no país de destino nunha empresa relacionada co sector profesional de cada participante, aloxamento en habitacións dobres, seguro e viaxe de ida e volta a custo real ata un máximo de 200 euros.

Os países de destino son:
- 12 estancias en Irlanda.
- 12 estancias en República Checa.
- 4 estancias en Holanda.
- 20 estancias en Francia.
- 20 estancias en Italia.

As persoas solicitantes deben:

- Ser galegos ou galegas residentes en Galicia.
- Ter entre 18 e 30 anos.
- Ter titulación de FP ou universitaria.
- Non ter disfrutado ningunha outra bolsa Leonardo.
- Cumplimentar e enviar entre as 00:00 h do 17 de xuño e as 24:00 horas do 15 de xullo os documentos que se anexan (CV no idioma do país de destino e formulario de solicitude no idioma preferido) ao enderezo electrónico galeuropa@xunta.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
- Asistir á xornada de selección que se notificará mediante envío de correo electrónico a todas as persoas solicitantes.


Hai modelos de CV europeo en todos os idiomas no marxe dereito deste blog.




Para máis información en www.xuventude.net apartado programas europeos, no enderezo electrónico galeuropa@xunta.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e no tfno 881 999 567 (8 a 15h).



jueves, 30 de junio de 2011

CURSO DE VERÁN: O COMPROMISO SOCIAL DA XUVENTUDE


A Universidade de Santiago de Compostela, en Colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado , organizan un Curso de Verán


"O Compromiso Social da Xuventude: Participación e Aprendizaxe-Servizo" 

Desenrolarase en Santiago de Compostela do 18 ao 21 de Xullo de 2011, Fac. de CC. da Educación-Campus Vida.

martes, 28 de junio de 2011

SOLICITUDE DE PRAZAS PARA AS RESIDENCIAS XUVENIS E PARA BOLSEIROS-COLABORADORES


MÁIS INFORMACIÓN
http://xuventude.xunta.es/uploads/RESIDENCIAS.pdf
Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde pola que se convocan prazas para as residencias xuvenís é para colaboradores-bolseiros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso académico 2011/2012.

O número de prazas para residencias xuvenís é de 225:

-76 prazas no Centro Residencial Xuvenil LUGO ( Rúa Pintor Corredoira, nº 2 – Lugo-).

-55 prazas na  Residencia Xuvenil Florentino Pérez Cuevillas (Rúa Arturo Pérez Serantes – Ourense-)

-94 prazas na Residencia Xuvenil Altamar (Rúa Cesáreo González, nº 4 – Vigo-)

O número total de prazas para colaborades-bolseiros é de 15, as residencias xuvenís son:

- O Centro Residencial Xuvenil LUGO ( Rúa Pintor Corredoira, nº 2 – Lugo-)

- A Residencia Xuvenil Florentino Pérez Cuevillas (Rúa Arturo Pérez Serantes – Ourense-)

- A Residencia Xuvenil Altamar (Rúa Cesáreo González, nº 4 – Vigo-)


O prazo de presentación das solicitudes será dun mes dende o día seguinte ao da publicación da Orde no Diario Oficial de Galicia.

PARA A SOLICITUDE E TRAMITACIÓN DA DOCUMENTACIÓN, FACEMOLO NA OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL DO CONCELLO DE MELIDE, NO MULTIUSOS.           
                                                                                  
MÁIS INFORMACIÓN

Usuarios