O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, achegouse onte ata esta instalación, dependente da Consellería de Traballo e Benestar.
Durante a súa estadía neste centro, os participantes poden realizar distintas actividades. En concreto, realizan percorridos en bicicleta e cabalo pola natureza, nos que se inclúen percorridos cicloturísticos e de educación viaria baixo o principio do respecto á natureza.
Este campamento forma parte da campaña “Acción de Verán 2011”, unha iniciativa na que participarán en Galicia un total de 9.300 mozos e mozas durante os meses de verán.O principal obxectivo da campaña é favorecer a participación da mocidade en múltiples actividades que teñen un compoñente de educación non formal no ámbito do ocio e o tempo libre.
Con esta oferta total, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado incrementa nesta edición as prazas da Campaña de verán nun 4,5 por cento máis que en 2010. Para poñer en marcha esta iniciativa, a Xunta destina a estas actividades un orzamento de máis de 3,2 millóns de euros, o que tamén permitirá a contratación de máis dun millar de mozos e mozas como monitores de tempo libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario