martes, 6 de septiembre de 2011

A XUNTA EXPORÁ PROXECTOS DE BOAS PRÁCTICAS EN MATERIA DE VOLUNTARIADO NO CONGRESO ESTATAL QUE TERÁ LUGAR NA CORUÑA

Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, abriu o prazo de presentación de proxectos de boas prácticas en materia de voluntariado, entre os que fará una selección para a súa exposición pública no marco do XIV Congreso Estatal de Voluntariado, que se celebrará na Coruña os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro baixo o lema “Camiños de Solidariedade”.
VOLUNTARIADO_BOAS_PRACTICASDentro do Congreso preténdese ofrecer un espazo participativo no que os congresistas ostenten o protagonismo e poidan presentar iniciativas, proxectos ou accións no ámbito dos servizos sociais e no sociosanitario que sirvan como modelo de actuación e boas prácticas.
As comunicacións e boas prácticas deberán estar relacionadas coas ideas ou temas clave do congreso, tales como o voluntariado, a cidadanía activa e valores de solidariedade e cohesión social, novas modalidades de voluntariado e retos de futuro ou accións desenvolvidas no Ano Europeo e o seu impacto.
Ademais estimaranse como valor engadido aquelas exposicións que introduzan a transversalidade nas súas accións voluntarias, promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, desenvolvan a súa intervención descentralizada e con grao de inclusión no territorio, consideren o impacto de xénero na acción voluntaria, aposten pola I+D+I e traballen desde a calidade.
Poden presentar iniciativas as comunidades autónomas, corporacións locais, as ONG, a iniciativa privada, o ámbito universitario e persoas individuais ata o próximo 30 de setembro.
O Comité científico -que estará formado por representantes expertos do mundo universitario que poidan achegar a súa visión científica, representantes de entidades relacionadas co ámbito do voluntariado, así como representantes das Administracións Autonómicas e do Estado en materia de política social-- encargarase da selección de comunicacións de acordo con criterios de calidade e coherencia, adecuación á temática, achega innovadora e cumprimento dos requisitos de presentación e formato, si ben será un subcomité científico o que decidirá se a comunicación é seleccionada ou descartada.
Posteriormente, tras a análise e deliberacións correspondentes, notificarase por correo electrónico aos autores a decisión do Comité antes do 1 de novembro. Na páxina web do Congreso ‘www.caminosdasolidariedade.com’ publicarase 15 días antes ao inicio deste o calendario e horario de exposición dos traballos aceptados, podendo sufrir modificacións por causas de organización.
 

No hay comentarios:

Usuarios