- O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe este traballo en rolda de prensa
- O estudo, realizado pola Universidade de Santiago de Compostela, baseouse en 1.200 enquisas presenciais a mozos e mozas de entre 15 e 29 anos
- Os datos abranguen diversas temáticas: emancipación, independencia económica, uso do tempo libre e do lecer, condutas de risco, valores, participación política ou estudos
- Entre as principais conclusión do traballo, cabe destacar que a mocidade galega é sociable e non rexistra grandes problemas de convivencia
- O ocio nocturno tende á baixa, sobre todo no botellón, ao tempo que descende tamén o número de fumadores
A Consellería de Traballo e Benestar ten realizado un estudo sobre a situación da mocidade galega, que servirá a modo de ferramenta á hora de orientar, deseñar e planificar as políticas do Goberno galego dirixidas a este colectivo. Ademais, este traballo sociolóxico está enmarcado no plan “Xuventude 2013, unha estratexia para a mocidade galega”, que recolle todas as actuacións que desenvolven os distintos departamentos da Xunta nesta materia.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe en rolda de prensa os datos concretos deste estudo, que foi realizado pola Universidade de Santiago de Compostela en base a 1.200 enquisas presenciais a mozos e mozas de entre 15 e 29 anos.
Durante a súa intervención, o responsable desta área autonómica destacou que este estudo é continuación do xa realizado en 2007, e que, de feito, foi levado a cabo polo mesmo equipo que tiña realizado a anterior mostra.
Os datos abranguen diversas temáticas. En concreto, o estudo articúlase ao redor de sete grandes apartados: emancipación e inserción laboral; tempo libre e de lecer; condutas de risco; cultura e participación política; políticas institucionais; identidade e valores.
Rodeiro destacou as principias conclusións deste traballo. Así, referiuse, por exemplo, a que os datos amosan unha mocidade galega “sociable, que non rexistra serios problemas de convivencia e onde a vivenda familiar segue sendo un lugar accesible e cómodo para a gran maioría”.
Ao tempo, a xuventude galega está formada academicamente, xa que máis da metade dos mozos e mozas de entre 15 e 29 anos continúan estudando, cun “meritorio” 13,4 por cento que combina os estudos co traballo. Ademais, á tendencia cultura está a alza, xa que aumenta a porcentaxe de persoas que miran o xornal, ao igual que medra a media do número de libros que se len o ano.
Pola súa banda, o ocio nocturno tende á baixa, especialmente no que se refire á asistencia ao botellón, que é 10 puntos menor da rexistrada en 2007. Descende tamén o número de fumadores entre os mozos e mozas.
Emancipación
O director xeral de Xuventude e Voluntariado realizou un percorrido polos principais datos deste estudo. Como base de partida, lembrou que segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística de 2010, as persoas entre os 15 e os 29 anos constitúen o 16,12 por cento do total da poboación actual de Galicia, e suman un total de 450.291 mozos e mozas.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado realizou un percorrido polos principais datos deste estudo. Como base de partida, lembrou que segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística de 2010, as persoas entre os 15 e os 29 anos constitúen o 16,12 por cento do total da poboación actual de Galicia, e suman un total de 450.291 mozos e mozas.
Con respecto á emancipación, salientou que só a quinta parte da mocidade galega vive exclusivamente dos seus ingresos. Hai que ter en conta que este estudo parte dos rapaces e rapazas de 15 anos (menores de idade) polo que este dato está en parámetros normais. Neste sentido, tamén cabe destacar dous puntos fundamentais: o grao de independencia económica dos mozos e mozas do rural é tres puntos porcentuais maior que a xuventude urbana; e que as mozas teñen unha autonomía económica un 8,26 por cento menor que os varóns.
Ademais, o 65,6 por cento dos mozos analizados viven na casa dos seus pais. O factor principal para que a xuventude abandone a vivenda familiar é a independencia económica (45,8 por cento dos enquisados), seguido polo desexo de vivir coa parella (22,5 por cento).
No que se refire á temas de convivencia –no caso nos que viven na casa dos pais-, o motivo máis frecuente de conflito familiar é a colaboración no traballo doméstico (60,6 por cento). Rodeiro destacou que “chama a atención que se producen máis discusións pola hora de erguerse da cama (38,3 por cento) que por chegar á casa pola noite (26,4 por cento)”.
Logo destes datos, os sociólogos que elaboraron o estudo conclúen que “os mozos e mozas galegos consideran ao núcleo familiar como un espazo amable onde se senten cómodos”.
Máis da metade dos mozos e mozas enquisados declaran estar estudando. Deles, un 42,9 por cento só estudan e un 13,4 alternan estudos e traballo. A idade media de remate dos estudos son os 19 anos, mentres que a incorporación ao traballo prodúcese de media aos 20 anos no caso das mozas, e aos 19 nos varóns.
Tempo libre
Xa no ámbito do tempo libre, o 95 por cento dos mozos e mozas consideran o máis importante saír ou reunirse cos amigos. Ademais, se se compara cos datos de 2007, vese que a media do tempo dedicado o lecer baixa en catro horas semanais, ao pasar de 26 horas en 2007 a 22 en 2010.
Xa no ámbito do tempo libre, o 95 por cento dos mozos e mozas consideran o máis importante saír ou reunirse cos amigos. Ademais, se se compara cos datos de 2007, vese que a media do tempo dedicado o lecer baixa en catro horas semanais, ao pasar de 26 horas en 2007 a 22 en 2010.
A media de horas empregadas fronte á televisión é de 11,8, e no caso da radio, son 8,87 horas. O 41,5 por cento dos enquisados manifestou ler diariamente os xornais, e unha media de 4,65 libros ao ano –o que supón aumentar este dato con respecto ao 2007.
No ocio nocturno, destacar que os mozos e mozas que saen todas ou case todas as fin de semana son un 35 por cento, o que supón un descenso salientable –de 20 puntos- con respecto aos datos de 2007 (nese ano, era o 54 por cento). Pola súa banda, un 8 por cento declara non saír nunca pola noite. Tamén baixa a porcentaxe de mozos e mozas que participan con frecuencia no “botellón”, e situase nun 17,58 por cento (dez puntos por debaixo do dato do anterior estudo).
No estudo demóstrase tamén que descende o uso do coche propio para saír de noite, que os mozos e mozas utilizan un 37 por cento, fronte ao 47 por cento de 2007.
No que se refire ao eido da sexualidade, case que 9 de cada 10 mozos e mozas entrevistas mantiveron relacións sexuais completos, e practicamente a mesma porcentaxe considérase ben informada. Cabe destacar, segundo resaltou Rodeiro, que a porcentaxe de coñecementos dos centros Quérote medrou desde o estudo anterior, ao pasar do 13 ao 30 por cento.
Con respecto ás condutas sexuais de risco, compróbase nos datos que o temor ao VIH descendeu sensiblemente desde o ano 2007 (do 31 ao 13 por cento), mentres que medrou o temor a un embarazo non desexado, do 6 ao 26 por cento. A idade de iniciación sexual mantense nos 17 e 18 anos.
Tamén se mantén nos mesmos parámetros a idade de iniciación no consumo de alcohol, entre os 15 e os 16 anos. Un 21 por cento dos mozos recoñece que probou o cannabis, fronte a un 7,9 por cento que di ter consumido algunha vez outros tipos de drogas.
Valores
No eido da violencia, mantense a tónica do ano 2007, xa que a xuventude galega apenas é vítima de agresións. As pelexas entre as compañeiros segue sendo a conduta que presenta unha maior incidencia (17,3 por cento).
No eido da violencia, mantense a tónica do ano 2007, xa que a xuventude galega apenas é vítima de agresións. As pelexas entre as compañeiros segue sendo a conduta que presenta unha maior incidencia (17,3 por cento).
Por outra parte, a política e o asociacionismo seguen a espertar “pouco interese” entre a mocidade, sinalou Rodeiro. De feito, 4 de cada 10 entrevistados manifestaron que lles interesa “pouco” e 3 de cada 10 que “non lles interesa nada”. Ademais, só un 4,5 por cento dos enquisados colaboran con entidades de manira activa, de aí –explicou o director xeral- a especial aposta que está a facer a Xunta por apostar o asociacionismo entre a mocidade.
Entre a mocidade galega, medra tamén a identificación coa Unión Europea e a súa valoración positiva, e crece tamén o uso do galego, mentres que o sentimento relixioso descende.
Por último, as campañas máis coñecidas pola mocidade da propia Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado son o carné xove (79 por cento) e os campamentos de verán (72 por cento).
O informe está dispoñible na web http://xuventude.xunta.es , baixo o nome “Informe sobre a xuventude galega 2010”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario