jueves, 30 de junio de 2011

CURSO DE VERÁN: O COMPROMISO SOCIAL DA XUVENTUDE


A Universidade de Santiago de Compostela, en Colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado , organizan un Curso de Verán


"O Compromiso Social da Xuventude: Participación e Aprendizaxe-Servizo" 

Desenrolarase en Santiago de Compostela do 18 ao 21 de Xullo de 2011, Fac. de CC. da Educación-Campus Vida.

martes, 28 de junio de 2011

SOLICITUDE DE PRAZAS PARA AS RESIDENCIAS XUVENIS E PARA BOLSEIROS-COLABORADORES


MÁIS INFORMACIÓN
http://xuventude.xunta.es/uploads/RESIDENCIAS.pdf
Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde pola que se convocan prazas para as residencias xuvenís é para colaboradores-bolseiros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso académico 2011/2012.

O número de prazas para residencias xuvenís é de 225:

-76 prazas no Centro Residencial Xuvenil LUGO ( Rúa Pintor Corredoira, nº 2 – Lugo-).

-55 prazas na  Residencia Xuvenil Florentino Pérez Cuevillas (Rúa Arturo Pérez Serantes – Ourense-)

-94 prazas na Residencia Xuvenil Altamar (Rúa Cesáreo González, nº 4 – Vigo-)

O número total de prazas para colaborades-bolseiros é de 15, as residencias xuvenís son:

- O Centro Residencial Xuvenil LUGO ( Rúa Pintor Corredoira, nº 2 – Lugo-)

- A Residencia Xuvenil Florentino Pérez Cuevillas (Rúa Arturo Pérez Serantes – Ourense-)

- A Residencia Xuvenil Altamar (Rúa Cesáreo González, nº 4 – Vigo-)


O prazo de presentación das solicitudes será dun mes dende o día seguinte ao da publicación da Orde no Diario Oficial de Galicia.

PARA A SOLICITUDE E TRAMITACIÓN DA DOCUMENTACIÓN, FACEMOLO NA OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL DO CONCELLO DE MELIDE, NO MULTIUSOS.           
                                                                                  
MÁIS INFORMACIÓN

lunes, 27 de junio de 2011

CURSO DE EMANCIPACIÓN XUVENIL E ORIENTACIÓN LABORAL

CURSO DE VERÁN
Emancipación xuvenil e orientación laboral  (gratuíto)

Organiza: Espazo Xove. Rede de centros de xuventude de Noia, dependente da Dirección xeral de xuventude e Voluntariado.

-50 horas de duración (do 9 de agosto a 30 de setembro de 2010)

-Modalidade a distancia

-30 prazas máximo.

-Dirixido a aqueles mozos e mozas menores de 30 anos de idade interesados en adquirir coñecementos a cerca da vivenda e emprego para a mocidade asi como habilidades de cara a emancipación xuvenil. Terán prioridade na admisión do curso os titulados universitarios en pedagoxía, psicoloxía, socioloxía, educación social, traballo social, maxisterio e formación pofesional en TASOC.

-Prazo de inscrición: ata o 6 de agosto

viernes, 24 de junio de 2011

BOLSAS PARA O CENTRO SUPERIOR DE HOSTALERÍA DE GALICIA

Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) convoca bolsas de estudos para os alumnos que se matriculan por primeira vez no curso 2011-2012 en calquera das súas titulacións. En total, son 16 axudas que cubrirán os gastos de matrícula e docencia (quedan excluídos os gastos de manutención e aloxamento).

O importe das bolsas ascende a 5.585 €, que se restará do custo do curso (6.571 € en réxime externo e 10.170 € en réxime interno). Deste xeito, a axuda cubre o 85 por cento do prezo dun alumno externo e un 65 por cento dun interno.
O prazo para solicitar as bolsas está aberto e remata o próximo 15 de xullo.
As bases e o formulario de solicitude pódense descargar en www.cshg.es.

Das 16 bolsas, sete son para expedientes académicos sobresaíntes (con medias por riba do 8) e nove son bolsas normais (na súa concesión tense en conta os ingresos nun 60 por cento e as notas nun 40 por cento).
Máis información en
www.cshg.es e no teléfono 981 542 519

jueves, 23 de junio de 2011

SORTEO DE ENTRADAS SE TES O CARNÉ XOVE

Desde o luns, día 20 de xuño e ata as 9:00 h. do venres, día 24 de xuño, ábrese o prazo para o novo sorteo en liña do programa Carné Xove.

Sortéase un lote de 10 entradas para a XIRA GALEGA DE KARTING.
As escalas nesta edición serán:


  • A Coruña: do 30 de xuño ao 3 de xullo. Circuíto Palacio de Riazor
  • Vilagarcía de Arousa: do 7 ao 10 de xullo. Circuíto Explanada TIR (zona portuaria).
  • Vigo: do 14 ao 17 de xullo. Circuíto Explanada do Náutico (zona portuaria).
  • Lalín: do 21 ao 24 de xullo. C.C. Pontiñas
  • Ferrol: do 28 ao 31 xullo. Circuíto FIMO
Máis información: www.xiragalegakarting.com
Para participar tes que cubrir este formulario.
Aqui podes consultar as bases do sorteo.
 

miércoles, 22 de junio de 2011

ULTIMAS PRAZAS CAMPOS DE TRABALLO PARA MAIORES DE 18 ANOS

Aínda quedan prazas nos campos de traballo para maiores de 18 anos en Cabana de Bergantiños, Rois, Illas Cíes I e illas Cíes IV, dentro do programa de Acción de Verán 2011  promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e que se xestiona na Oficina de Información Xuvenil do Concello, no Multiusos.

ANIMATE!!!!

ANTEPROXECTO LEI XUVENTUDE DE GALICIA

Onte acudimos no complexo xuvenil das Mariñas, en Gandario a presentación por parte do Director de Xuventude a presentación do Anteproxecto da Lei de Xuventude de Galicia, tan precisa na nosa Comunidade Autónoma.

Dende a Oficina de Xuventude do Concello de Melide reflexamos as nosas aportacions e suxestión para que a mocidade este máis presente nas administracións e teña máis participación.

Dita Lei ten previsto que sexa aprobada a finais deste ano.

Podes participar e ver o borrador no seguinte enlace e facer as suxestions:


PORQUE A MOCIDADE TAMEN CONTAMOS!!!!

viernes, 17 de junio de 2011

PROGRAMA GRATUITO DE FORMACIÓN NO TELECENTRO DO CONCELLO DE MELIDE

O Concello de Melide, a través da oficina de Xuventude sita no Multiusos promove os cursos gratuitos de formación do Centro Multimedia de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia.
A Concellaria de tal xeito quere darle o máximo aptroveitamento e difusión a ditas actividades, que se tratan dunha serie de curso que se desenvolverán ao longo de todo o ano en dito telecentro.
Para o acceso a esta formación inicial, no é preciso ter coñecementos previos de informática, xa que en ditas sesións o Concello pon o dispor unha persoa para facer máis doada a aprendizaxe.
Os cursos son:
1.- CURSO DE CREACIÓN DE VIDEOXOGOS (No mes de setembro)
2.- CURSO DE WEBS PARA MÓBIL ( En outubro)
3.- CURSO DE STREAMING DE AUDIO E VIDEO (En novembro)
Para participar nos cursos a data límite de inscripción é o 15 de setembro e podes facelo na web www.cmg.xunta.es ou ben na Oficina de Información Xuvenil donde che detallaremos mellor a programación dos cursos e os horarios.
Ao rematar cada actividade a Xunta, outorgarache o correspondente diploma acreditativo da túa formación.

Usuarios